Affichage des articles dont le libellé est Bélxica. Afficher tous les articles
Affichage des articles dont le libellé est Bélxica. Afficher tous les articles

dimanche 6 novembre 2011

O neno da bicicleta (2011)


(por fin unha película luminosa dos irmáns Dardenne!)


O neno da bicicleta é en palabras dos xemelgos belgas "un conto de fadas". I, en efecto, é un filme no mesmo estilo dos anteriores, só que esta película ten a diferenza de ser moi luminosa. Foi rodada durante o verán e posúe moita máis cor que outros filmes dos irmáns Dardenne. Polo demais, persiste o grande drama persoal nunha sociedade individualista, onde o home é un lobo para o home. Pero sen dúbida, o grande acerto do filme (así como das outras longametraxes precedentes) é a de mostrar todo ese sofremento interior das personaxes con sinxeleza e efectividade, que non efectismos. A contención narrativa, a conexión/oposición entre a perruqueira e o neno (ou fada/demo) e os seus contrapuntos persoais, e o ton cálido a pesar da grande carga dramática, consegue facer desta película un filme que perdura na memoria. É un filme social, sen dúbida, crítico co individualismo, pero cuxa historia afonda nesta crítica por si soa, sen necesidade de facela explícita.
É un filme sinxelo, mais é tamén un drama efectivo.

Puntuación: 4 (de 5).
O enlace para ver a película (en francés subtitulada en castelán, ou non) atópase nos comentarios.