Affichage des articles dont le libellé est Arte-factos. Afficher tous les articles
Affichage des articles dont le libellé est Arte-factos. Afficher tous les articles

mercredi 7 décembre 2011

(almost) at heaven's doors

Na porta da igrexa, Dona María e Dona Carme conversan:
- Ai, os mosos cada ves veñen menos a misa. Xa non se ven rapases na ighlesia.
- Si, aghora sonche moi asépticos.

mardi 29 novembre 2011

Tempus fugit

Na fronte dun dos edificios da rúa romana na que vivía apareceron unha serie de pintadas ao longo dos dous anos que botei alí.
Os grafitis eran sucesivamente borrados polo porteiro do edificio. Porén, a rapaza persistía unha e outra vez na súa peculiar comunicación pública do amor e o desamor.

Alessandro, ti amo!
Alessandro, non sei più quello ragazzo che avevo conosciuto.
Alessandro, non ti ho dimenticato! Ancora ti amo!!
Alessandro, adesso lo so! non posso vivere senza di te!
Alessandro, sono tanto felice! (*+2anni*)
E a derradeira: 
Alessandro, stronzo!

Finalmente, apareceu ao carón unha nova pintada que dicía "Alessandro, ma che cosa piccola!" mais nunca tiven a certeza de que se tratara da mesma autora.
Ao cabo, deixei a cidade. Nunca máis souben da parella.

Sed fugit interea fugit irreparabile tempus

dimanche 20 novembre 2011

In nomine...

animado por las masas, Rajoy ofrece un brindis cara al sol: "¡va por ti, Caudillo!". se oyen vítores de arriba España. un clamor popular empieza a recorrer la patria, de este a oeste y de norte a sur. el pueblo, enfervorecido, estalla de júbilo. la tierra tiembla. ya no corre el aire. algo está ocurriendo en el Valle. algo se remueve en el suelo. 
¡atención!
¡sí! ¡es él!

señores, Franco... ha vuelto.

(in nomine Patris, et Filii, et Spiritūs Sancti)

mardi 15 novembre 2011

lundi 14 novembre 2011

Dexenerados


Por que cando pensamos nunha letra pra establecer o non-xénero pensamos no [e]? Que parvadas son isas?


Munifistu pulu nun discriminiciún du [i] i du [u].

mardi 8 novembre 2011

Distorsións

O rapaz non vía dobre. Eran os cartaces, que se imprimiran mal, pero no partido acordaran colalos igual. Claro que a aquelas horas da noite, o rapaz xa non estaba pra troulas e decidiu ir prá casa, a durmila bebedela.