Affichage des articles dont le libellé est Música. Afficher tous les articles
Affichage des articles dont le libellé est Música. Afficher tous les articles

lundi 28 novembre 2011

Zaz

Si, xa o sei. É música popular, é un produto prefabricado, e hai un par de baladas cargadas dese edulcorante francés que fai as comidas doces de máis, pero a pesar de todo, podemos atopar en Zaz unha frescura propia desa música de rúa, alegre, desenfadada, que semella chegada directamente dende as prazas de Marsella ou dende o porto de La Rochelle. A iso contribúe a voz quebrada de Isabelle Geffroy (nome orixinal da cantante) e o seu estilo hippie e descoidado.
Si, é música feita pra gostarmos dela, mais é tamén música bailábel e ritmos simpáticos, acústicos, (mandemos as baladas á papeleira de reciclaxe!) que ademais, podes descarregar dende aquí.