
Si, xa o sei. É música popular, é un produto prefabricado, e hai un par de baladas cargadas dese edulcorante francés que fai as comidas doces de máis, pero a pesar de todo, podemos atopar en
Zaz unha frescura propia desa música de rúa, alegre, desenfadada, que semella chegada directamente dende as prazas de Marsella ou dende o porto de La Rochelle. A iso contribúe a voz quebrada de Isabelle Geffroy (nome orixinal da cantante) e o seu estilo hippie e descoidado.
Si, é música feita pra gostarmos dela, mais é tamén música bailábel e ritmos simpáticos, acústicos, (mandemos as baladas á papeleira de reciclaxe!) que ademais, podes descarregar dende
aquí.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire