mardi 29 novembre 2011

Tempus fugit

Na fronte dun dos edificios da rúa romana na que vivía apareceron unha serie de pintadas ao longo dos dous anos que botei alí.
Os grafitis eran sucesivamente borrados polo porteiro do edificio. Porén, a rapaza persistía unha e outra vez na súa peculiar comunicación pública do amor e o desamor.

Alessandro, ti amo!
Alessandro, non sei più quello ragazzo che avevo conosciuto.
Alessandro, non ti ho dimenticato! Ancora ti amo!!
Alessandro, adesso lo so! non posso vivere senza di te!
Alessandro, sono tanto felice! (*+2anni*)
E a derradeira: 
Alessandro, stronzo!

Finalmente, apareceu ao carón unha nova pintada que dicía "Alessandro, ma che cosa piccola!" mais nunca tiven a certeza de que se tratara da mesma autora.
Ao cabo, deixei a cidade. Nunca máis souben da parella.

Sed fugit interea fugit irreparabile tempus

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire